sábado, 15 de febrero de 2020

Ponlle as pilas ao teu bocata

O 14 de febreiro realizamos na aula de usos múltiples un obradoiro sobre alimentación saludable coa finalidade de fomentar o consumo das conservas de produtos do mar.
Un bocata de conservas do mar leva dentro toda a enerxía que necesitas para alcanzar todas as túas metas.
As conservas do mar son ricas en proteínas, moi importantes para crecer. Levan vitamina B12 que é fundamental.
Xa son varios os anos que levamos participando neste programa que patrocina a Consellería de pesca e que tanto lle gusta ao noso alumnado e profesorado.

lunes, 3 de febrero de 2020

Viaxe a Bueu

O 31 de xaneiro de 2020 o CEIP Manuel Sueiro participou, na actividade "O sabor da aventura está no mar" organizada pola Consellería do Mar. Viaxamos ata a vila de Bueu, na provincia de Pontevedra, na que, grazas as monitoras da organización, visitamos:
  1. Porto de Bueu, na que nos amosaron diferentes instrumentos da arte da pesca que descoñecíamos como: o arranxo da redes, as nasas para pescar as nécoras, cando é o momento de pescar as nécoras, a arte de pesca do pincho,...
  2. Lonxa de Bueu, ensináronos o proceso de poxa dos produtos pescados na ría de Pontevedra sendo o produto estrala o polbo, ademais descubrimos aspectos tan interesantes dos polbos como: que non teñen 8 patas senón 4 patas e 4 brazos, que cambian de cor cando se comunican entre eles para avisar dos depredadores,... Na lonxa ademais de ensinarnos como se fai a poxa dos produtos tamén non ensinaron como se etiqueta os diferentes produtos.
  3. Praza de abastos de Bueu, na que nos amosaron os diferentes postos de venta de peixe fresco, el salmoira e en conserva. Para rematar nun magnífico xantar de produtos do mar consistindo nunha cata de produtos como: ensalada de produtos do mar, hamburguesa de peixe e iogurt.
Como derradeiro vos deixamos a foto de grupo na que posamos con estes gorros que nos agasallaron a todos, xa estamos desexando velos na próxima actividade na que visitarán o noso centro coa obra de teatro na que coñeceremos aos arroases. 

miércoles, 20 de noviembre de 2019

Merenda de outono

O 20 de novembro, coincidindo co Día internacional da infancia, no noso centro realizamos unha merenda de convivencia con froitos de outono realizados polo alumnado e as súas familias.
Hai que mencionar o gran nivel de participación de toda a comunidade educativa que logrou que esta actividade fose todo un éxito… foi tal a aportación de viandas que teremos que continuar nos próximos días coa súa degustación.
Unha vez máis agradecemos a colaboración e implicación das familias nas actividades que desde o centro se están a desenvolver.
Bo proveito!!

miércoles, 16 de octubre de 2019

Día da alimentación

O 16 de outubro celebramos no colexio o día mundial da alimentación sa, que ten como lema Unha alimentación sa para un mundo #HAMBRECERO
No Manuel Sueiro pasamos á acción !
O primeiro é apostar polas comidas feitas na casa e axudar a concienciar sobre a importancia do consumo de produtos coma vexetais, froitas e verduras, realmente ricas en vitaminas e minerais, por isto:
celebramos unha merenda colaborativa e saudable!!!
A comer!!!

domingo, 30 de junio de 2019

Proxecto aliméntate ben curso 2018/2019

Durante este curso os alumnos do centro traballaron a alimentación saludable ligado ao PDI.
O tema foi os deuses nórdicos.
Elaboraron diversos menús saludables para os seus deuses preferidos : Thor, Loky, e Freya.
Rematamos o proxecto buscando diferentes sustancias dañinas para o noso corpo presentes na comida, como por exemplo: o aspartame, o chumbo, o sorbitol, ...
Os nenos decidiron que o peor era o sorbitol , xa que aparece en moitísimos alimentos, fixeron unha búsqueda detallada sobre esta sustancia nombrándoa o deus dos abismos insálubres.
Aprenderon moitas cousas importantes para unha vida saludable!.

martes, 28 de mayo de 2019

Foirta na escola


Ao longo deste curso participamos no programa "Froita na escola" que consiste no reparto de froitas frescas e castañas ao alumnado de centros escolares dos niveis educativos de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria.
O programa tivo porr obxecto o fomento do consumo de froitas frescas e castañas e configurar hábitos alimentarios saudables no alumnado do noso centro.
Ofrecémoslles froitas frescas durante dúas semanas que foron suinistradas polo supermercado Gadis e co patrocinio do FOGGA.

miércoles, 3 de abril de 2019

Ponlle as pilas ao teu bocata

O 2 de abril todo o alumnado e profesorado do centro participou na actividade "Ponlle as pilas ao teu bocata" dentro do programa "Aliméntate ben".
Esta campaña esta deseñada para a dar o coñecer as múltiples virtudes das conservas dos produtos do mar. Esta iniciativa desenvólvese nos colexios públicos e numerosas competicións deportivas e campamentos da comunidade autónoma.
Ter unha dieta rica e equilibrada é fundamental para crecer. Levar unha alimentación adecuada, completa e variada dáche a enerxía necesaria para facer o que che guste durante o día.
As especies mariñas en conserva, xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, cereais, lácteos.. serviranche para elaborar os teus propios bocatas! Na web do programa ofrécenche ideas para que experimentes con todas as combinacións que se che ocorran, así gozarás de infinidade de sabores que che achegarán todos os beneficios enerxéticos que necesitas para crecer san e forte!